A festa son eu (Lamatumbá) - Video
PUBLISHED:  Dec 22, 2011
DESCRIPTION:
- Título: A festa son eu
- Artista: Lamatumbá
- Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)
------------
- Letra:

(Escoita porco bravo!)

Teño unha festa no meu peito
que é o motor da miña vida,
sei que a levo ben adentro
para que non se apague o día.

Se algunha vez chega o inverno
o meu peito fica quentiño,
e así quecen as ideas
e así quentan os sentidos.

Forza que sae do teu peito
é a razón do teu dereito.
Racha coas túas cadeas,
enche de lume as túas veas.


Forza que sae do teu peito
é a razón do teu dereito.
Racha coas túas cadeas,
enche de lume as túas veas.

Teño unha festa no meu peito
a bater cada segundo,
se me cómpre unha viaxe
aquí dentro teño un mundo.

Ao chegar a primavera
o letexo ponse ao mando,
para namorar de novo
e así seguir camiñando.

Forza que sae do teu peito
é a razón do teu dereito.
Racha coas túas cadeas,
enche de lume as túas veas.

Forza que sae do teu peito
é a razón do teu dereito.
Racha coas túas cadeas,
enche de lume as túas veas.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top