INFOMIÑO DANDY FEVER MINHO REGGAE SPLASH 2013 - Video
PUBLISHED:  Sep 08, 2013
DESCRIPTION:
Dandy Fever é unha veterana formación da Coruña que comezou alá polo 2002 a mostrar a súa paixón polos sons xamaicanos máis clásicos do ska e o rocksteady, aínda que co paso do tempo abriron o seu repertorio ao early reggae. Nos últimos anos acompañan a Dave Barker e Alberto Tarín como backing band na Península e presentan o seu repertorio con novos vocalistas, Mónica e Alberto.

No seu directo tamén están presentes versións de voces clásicas da Xamaica como Ken Boothe, Derrick Morgan, Heptones ou Kingstonians, sempre cun enorme respecto polo son e o estilo dos pais da música xamaicana, xa que o que mellor pode definir a esta banda é o seu amor incondicional por aquela idade dourada de Xamaica, que comprendeu de finais dos anos 60 aos inicios dos 70.

Dandy Fever ten un traballo publicado e aparece en varios recompilatorios estatais e internacionais de música xamaicana.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top