Luar na Lubre - Cantiga de Berce - Video
PUBLISHED:  Sep 27, 2009
DESCRIPTION:
Grupo : Luar na Lubre
Canción: Cantiga de berce
Disco: Cabo do mundo
Fermosa adaptación dun tema orixinal do grupo Fuxan os Ventos

Letra / Lyrics:
Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.
Durme meu neno, durme
colle forzas,
que a vida que che agarda
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
-------------------------------
(Recitado no tema orixinal de Fuxan os Ventos)

Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a historia, dende o sono
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.

Mira a lingua que falo, despreciada
por ser lingua de probes, lingua escrava,
son o orgullo que temos, lingua e probes.
So neles hai verdades e mais honores.

Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terra de escravos non ten odio.
Ten séculos de espranza, agardada,
que pon hoxe nos fillos que amamanta.
----------------------------------------------
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top