BUDIÑO - SOTAQUE - Nubeiros e Tronantes - Video
PUBLISHED:  Apr 22, 2013
DESCRIPTION:
"Ese erguerse no palco que ten de seu o gaiteiro. Ese aquí estou eu. Esa fachenda. Budiño tena. Ten planta, chantado alí. É libre. Ergue a testa, albisca ao lonxe e fixa o rumbo. A navegar! Polas redes e os aeroportos. Botar nasas. Exportar. Nada novo para el" (SOTAQUE - Carlos Blanco). BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu "sotaque", un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos.

BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA mais este último que fai o número seis, SOTAQUE. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.

BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros.

SOTAQUE (2013) Fol Música Novo Álbum

SOTAQUE é o novo traballo discográfico de BUDIÑO. Foi gravado no seu estudio "Ardora" e mesturado e masterizado nos estudios "Atlântico Blue Studios de Lisboa".

Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.

Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:

* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en "Déixame Adiviñar", unha letra escrita por Carlos Blanco.
* LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción "Hoxe canto en Libertá" con letra de Celso Emilio Ferreiro.
* Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros.
* MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top