Alalá nº 75 "Xose Manuel Budiño"- TVG - Video
PUBLISHED:  Sep 04, 2015
DESCRIPTION:
ALALÁ nº 75 "Xose Manuel Budiño"
Emisión TVG: 28 de abril de 2008

O recoñecemento dos gaiteiros galegos cambiou moito ó longo do século XX, hoxe recoñécese o seu traballo a nivel internacional. A gaita soa en Sofía, Bos Aires, México D.F, Líbano ou Siria. Por estes e moitos outros lugares do mundo está presente a música dun artista e gaiteiro galego: Xosé Manuel Budiño..

A súa carreira foi imparable desde que sentiu a chamada dos escenarios de moi noviño. Formouse na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña a principios dos oitenta, participou na Banda de Gaitas Xarabal e funda o grupo Fol de Nui.

A mecha da súa carreira en solitario prendeuse con Paralaia. Foi con este disco co que se aventurou a marchar con el debaixo de brazo a Bretaña e ofrecerllo a un grande músico e produtor: Jacky Molard. Aquí comezou a carreira en solitario dun Budiño que xa non ía parar. Ó primeiro disco de Paralaia, seguírono, Arredor e Zume de Terra.

Ó longo destes anos as súas composicións teñen de ingredientes: unha base importante de música tradicional aderezada con outros sons, timbres e instrumentos. As melodías nacen dos anos de experimentar coas novas tecnoloxías.

A Xosé Manuel Budiño gústalle prantexar os seus concertos como unha película, quere que ó escoitar a súa música, o seu público ademais de bailar reciba sensacións; para que iso resulte tódolos actores –que son os músicos- teñen que estar compenetrados e como son amigos non lles resulta difícil.

Cúmprense dez anos desde que o seu primeiro disco vira a luz, neste tempo as viaxes polo mundo foron constantes, os contactos con outras culturas e outros músicos foron habituais e os premios e nominacións souberon agradecer a carreira dun gaiteiro innovador por convicción, viaxeiro nato e creador incansable. HOME é o novo traballo feito por él: as composicións, arranxos, gravación e producción. Un novo espectáculo que viviremos hoxe no programa Alalá.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top