Enrede 2: Guezos na sala Auriense.mov - Video
PUBLISHED:  Jan 30, 2012
DESCRIPTION:
Capítulo 2 do programa musical Enrede. Nesta ocasión Guezos farannos gozar do rock galego. Son unha banda local xa veterana, músicos ourensáns que veñen de traxectorias variopintas como o folk, o jazz ou o rock. A súa música narra historias máis que nada épicas, aínda que na arte sempre queda tempo para a lírica. Guezos teñen un aire que pode lembrar dende Os Resentidos ate Os Celtas Cortos. E dese percorrido histórico polo rock galego falaranos Xurxo Souto (cantante, escritor, actor, director e locutor galego), recoñecido por ser durante once anos líder e vocalista de Os Diplomáticos de Monte-Alto.

Noraboa ó local anfitrión, a Sala Auriense, que leva unha década ofertando música, sen descartar outras actividades de difusión cultural.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top