MAGIN BLANCO - Don Ramón - A Nena e o Grilo nun Barquiño - Video
PUBLISHED:  Apr 12, 2013
DESCRIPTION:
O primeiro conto que edita FOL MÚSICA é un libro de tamaño 23x23 cm, 60 páxinas e de tapas duras adicado ós máis pequenos. A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO está cheo de pequenas historias orixináis, cada unha acompañada da sua canción do máis exquisito e pegadizo pop, todo creado polo polifacético MAGIN BLANCO. Decorado con fermosas ilustracións a cargo de LEANDRO LAMAS e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escrebir e dibuxar o seu propio libro. Toda unha experiencia novidosa para eles!.

A NENA E O GRILO lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continuan achegándo se ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.

Nesta nova entrega as historias teñen unha dimensión maís próxima a narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención máis poética.

Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividade
dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top