João Afonso na Casa das Crechas (19/12/2012) - Video
PUBLISHED:  Dec 20, 2012
DESCRIPTION:
Concerto-encontro co cantor portugués João Afonso, que ofreceu un espectáculo de pequeno formato no que repasou os seus grandes éxitos e algúns do seu próximo disco, que verá luz en 2013.
João Afonso (Mozambique, 1965) é unha das principais voces de Portugal. A súa vasta discografía iniciouse con Maio Maduro Maio (1994), na compaña de José Mário Branco e Amélia Muge, que levou o premio 'José Afonso'. Posteriormente publicou 'Missangas' (1997), o seu primeiro álbum en solitario, que lle supuxo o título de Melhor Voz Masculina Nacional. Seguidamente foron 'Barco Voador' (1999), 'Zanzibar' (2002), 'Outra Vida' (2006) e 'Um Redondo Vocábulo' (2009), só con cancións do Zeca. Ten colaborado con diversos artistas como Júlio Pereira, Luís Pastor, Uxía, Pablo Milánes, Paco Ibáñez, Pedro Guerra e Javier Ruibal, entre outros.
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top