Keltoi! - Unha Terra, Un Pobo, Unha Fala - Video
PUBLISHED:  Nov 15, 2010
DESCRIPTION:
Álbum: A Nosa Cinza (2010)

Xa estamos fartxs de aturar
coa testa a piques de estoupar
por escoitar!

A quen defende a sinrazón,
desprezando a lingua da nosa nazón,
a dos seus pais!

Serpes bilingües valeiras
etnocidas da alta sociedad,
do capital!

Adoctrinando nos xornais
so pra que xs cativxs falen castelán
liscade xa!

Non calarán a voz que nos fixo ser quen somos.
Non nos calarán, non!
E venceremos nós, porque nós somo-lo pobo
i esta é a nosa voz!

Berrando en galego, cantando orgullosxs
FILLXS DESTA TERRA E DESTE MAR!
Coa forza do vento, nos beizos do pobo
DEFENDENDO A NOSA LINGUA NAI!

Cantade galegxs o himno xigante
FILLXS DESTA TERRA E DESTE MAR!
O dos pobos ceibes, o dos pobos grandes
DEFENDENDO A NOSA LINGUA NAI!

Dende o Padornelo ás Terras de Montes.
Dende o Baixo Miño ate Ortegal
na historia dos tempos, ouvean os lobos
DEFENDENDO A NOSA LINGUA NAI!
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top