Arredemo - Na Noite (Homenaxe aos represaliados polo franquismo) - Video
PUBLISHED:  Aug 16, 2011
DESCRIPTION:
Homenaxe da banda coruñesa Arredemo aos represaliados polo franquismo a partir de Xullo do 36. Tema incluído no CD "Nin sequera a choiva", editado en 2007. As ilustracións corresponden aos álbums de estampas "Galicia Mártir" e "Atila en Galiza" de Castelao.
O álbum de Arredemo pódese descargar de balde aquí; http://musicagalega.wordpress.com/2010/11/01/arredemo-nin-sequera-a-choiva-2007/
Mais Info; http://enciclopediarockentuidioma.blogspot.com/2009/04/arredemo-espana.html

Letra:

Na noite
Na negra noite
Na noite
Na praia ou no escuro val

Baixo unha lúa de verán
Corpos sen vida cáen no chan
E só a lúa é testigo do
Baño de sangue infernal.
Das noites dos mártires

Mans ensanguentadas impunes
Setenta anos de impunida(de)
Daquel terror desatado...

...Na noite
Viñeron buscarte
Na noite
Viñeron buscarte
Na noite

Surxen de entre as tebras
cheiro a pólvora e detonacións,
os ecos do xenocidio
nas cunetas
xace a ilusión dun país
segada polo fascismo

Mans ensanguentadas impunes
Setenta anos de impunida(de)
Daquel terror desatado...

...Na noite
Viñeron buscarte
Na noite
Viñeron buscarte
Na noite

-Solo-

Mans ensanguentadas impunes
Setenta anos de impunida(de)
Daquel terror desatado...


Surxen de entre as tebras
cheiro a pólvora e detonacións,
os ecos do xenocidio
A infamia
do esquecemento
esquecendo aos que se levaron...

...Na noite
Viñeron buscarte
Na noite
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top