Sempre adiante (Dios Ke Te Crew e Ruxe Ruxe) - Video
PUBLISHED:  Jun 13, 2014
DESCRIPTION:
Colaboración entre DKTCe Ruxe Ruxe para o disco "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras"

https://www.facebook.com/cancionsen.galego

Camiña en contra do vento e da marea
Saborea o que é a experiencia de bater sempre coa mesma pedra, Que ninguén entenda nin comparta a túa idea Nin tampouco o teu camino pero arrea!
Xa sei que a viaxe nesta noria te marea non che queda outra,
pois a vida é o noso billete neste traxecto cara a morte agárrate ben, abrocha o cinto e enche a bolsa de recordos ...
precisarémolos cando entremos no túnel e na oscuridade dos vagóns
e esteamos sós e ó principio do fin e ó final non temos medo pois estamos de paso pois pronto nos veremos neste novo comezo de novo neste circo, neste circulo de novo no circuito, esquivando outra vez o mesmo bache, deixandoo atrás e mirando cara adiante.

Cando menos os esperes e menos o necesites as pantasma viránche a buscar alí onde te atopes e sacarán todo o lixo que tes gardado no piso pra fora tes o síndrome de Dióxenes pero estabas limpo outrora. Lume purificador queremos lume Lume pra que arda toda a merda que te afunde Nese cemiterio de vagoas que non foron choradas, Chora coma un home e sinte as puñaladas, Cicatriz tras cicatriz, punto por punto Sínte-las feridas do teu tempo no teu lombo E pesan, ás veces escocen Ás veces por sorte namais que son roces Temos que botarlle whiskey e huevos Pra que pechen, pra que curen, Pra que deixen de doer e que se borren (e non sanguen) Temos que buscar a alegría na ironía de que o día a día é o único que temos (e velarse) (pre-estribillo)

Espabila, non pares, apura xa sabes que isto pra sempre non dura Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura Que a tumba está ahí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.

ADIANTE, ADIANTE, SEMPRE ADIANTE

Sobrevive, medra, deixa descendencia É o único que se che pide a cambio da existencia,
O demáis son pallas mentais son soños irreais
Son aires que nublan a túa cabeza.
Da misa a media, do que diga o mass media nin a metade
Non asintas coma un borrego, non sintas medo En realidade queremos necesitamos creernos importantes Magnificarnos tanto fainos ser máis vulnerables.
Crer que despois da morte hai outra vida Crer que un Deus observa todo dende arriba E se te elixe a ti, te elixe a ti vas ó Ceo, Prefiro pensar que esta vida é todo o que teño A familia, os colegas, Ía dos meus amores, Son todo o que levarei para a miña tumba, aforra as flores. Do motor e amor combustión eterna Fai que mereza a pena este paseo pola terra.

O paso do tempo do que non escapa ninguén Fainos máis fortes e aprendemos del E os que andan metendo paos nas rodas Tronzalle-lo non me fodas!
Espertei cun pesadelo sumerxido nas profundidades mariñas Vivilo para creelo! Alí non existe a palabra piedade alí non chega a claridade, só recordo moreas de sal na miña cara e non podía ver nada pero espertei e saquei tódalas pantasmas a bailar de unha en unha tangos, muiñeira, breakdance, a danza do sol leveinas de paseo polo mundo e berramos na desgarradora danza do deserto, agora ando esperto cunha grande lección que teño sempre de perto.
O paso do tempo do que non fuxe ninguén, Fainos aprender do que pasa nel Para ben e para mal, adiante Sen alentar

Espabila, non pares, apura xa sabes que isto pra sempre non dura Como non te organices colega non che vai dar tempo, teno por seguro Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura Que a tumba está ahí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.


ADIANTE, ADIANTE, SEMPRE ADIANTE
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top