Galegoz - Video
PUBLISHED:  Jun 18, 2010
DESCRIPTION:
Actuarán no Festigal o 24 de xullo. Galegoz é xa unha banda consolidada , mantida a base de esforzo, froito da constancia e seguindo un camiñar claro. O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo...

Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor...
http://www.myspace.com/galegozstyle
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top