Dios ke te crew - Política de asfalto - Video
PUBLISHED:  May 23, 2011
DESCRIPTION:
Canción Política de asfalto, interpretada polo grupo de Hip-hop de Ordes (Galiza) Dios ke te crew, formado en 2003. Forma parte do seu disco Xénese.

----------
LETRA
----------

- Churras, churras! vide, vide! churras, churras! chuurras...

[...]

- Aí veñen. Aí veñen, María! ¿Velos?. Outra vez, outra vez. ¡Madre que os paríu!

- Déixao estar oh!

- Madre que os fixo... se quedaran na casa, xa están enganando a xente outra vez...

- É o seu

- ... mentíndolles...

- Xa sabes que é o seu

- ...mentíndolles o que non é... O QUE NON É!

- Pois claro que non é. Non é!

- Mentireiros de merda...

- Son uns mentireiros, é de nacemento...

Cantas veces eu pedín ao concello aquela farola
e non houbo maneira, aínda hoxe non foi hora
aínda hoxe pola pista pasa medo a miña nora
aínda hoxe chego coas botas cheas de lama á porta.

E non me importa o que poidan dicir eles
que vaian apañar chapapote, que ensinen os papeles
que non me veñan co conto outra vez nas eleccións
nunca máis... Nunca máis eses cabróns
entrarán na miña terra na busca de votacións.

Política de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme á casa buscar
Política de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar.

Asfáltame a eira a cambio do meu voto
cómprame con axudas que xa me pertencían
fai un trato comigo, di que es o meu amigo
prométeme esa subvención que nunca verá o meu ombligo

Dáme a man e dáme unha aperta, forte
que che vaia ben, Roque, e que teñas sorte
xa nos veremos dentro de dous anos nas municipais
ou nas nazionais...

Política de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme á casa buscar
Política de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar.

Excursión do IMSERSO en campaña electoral
sacas os vellos da casa e lévalos a votar
Cheeee! Para o carro, frea un pouco!
Que a túa política cheira moito!
apestas a cacique, fódeche que che replique?
pois espera a que me pique e aplique o estoque da miña psique.

Emborrona o teu enfoque
enfócame co foco mentres me quito un moco
e o pego na foto do teu retrato
sentado todo pancho no sillón do teu despacho.

Macho, mira que te coidas, e nunhas cadeiras, e nunhas madeiras
e nunhas EXCUSAS PP petroleiras
chuparás, chuparás e chuparás do teto
ata que che rompa o peto.
Pero recorda que a avaricia rompe o saco
e tamén podes quedar seco en Alcalá Meco ou en Teixeiro.
Líder das finanzas, xa me gustaría verte pagando fianzas
e que saíse máis tarde nas noticias, xa o estou vendo:
"- Respectable alcalde do pobo, principal implicado nun delito de roubo e suborno"
érache mellor que fixeras unha peli porno
ou que tiveras un desliz coa túa vicaria no servizo do Gerardo
incluso, que sairás por televisión liando e fumándote un bo petardo.

Un petardazo aí na televisión, alcalde!

Politica de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme a casa buscar
Politica de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar.

--------------------------
Twitter: @xoCas92
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top