BERROGÜETTO - HEPTA reportaxe gravación álbum - Video
PUBLISHED:  May 30, 2011
DESCRIPTION:
Hepta e Georges Rousse

CGAC: O cerne das conmocións sensoriais. A obra de Rousse revelada.
Xa, desde aquel intre, oráculo visual dos nosos soños... dos nosos sons.

SARGADELOS: metáfora cerámica de nós. Metamorfose arxilar... do que foi no que é... no que será...A terra vista cos pés na terra... e no ar. A perspectiva..... Sempre.

O LUGAR. A antiga fábrica de Sargadelos será o Espacio Hepta. Efémero cosmos de creación hebdomadaria. Cores, sons e caolín... mudarán a muda face da arquitectura arrefriada polo tempo... polo paso do tempo.

O ESPACIO. Cárcere decrépito do ar protexido. Crisálida baloirenta da bolboreta das sete cores, das sete faces... na palidez núa do paramento... As xanelas advirten a chegada do truco transformador.

A OBRA. Nace a arte no espacio demolido. Os ollares atrapan as tres dimensións. A fotografía devolve dúas. Prestidixitación visual. A racanería da instantánea paga dividendos extras. O inmenso premio sensorial da visión insólita asolada pola perplexidade do cómo-se-ve... soleada pola certeza do qué-se-ve.

SÉTIMO DIA. Xeometría heptacéfala. Completa metamorfose dos agoiros oraculares nos pétalos encarnados da flor da realidade.

HEPTA...Rousse, Sargadelos, CGAC, Cervo, Berrogüetto... HEPTA... Sumatorio de vontades... Cando a física afirma o realizable, o imposible só é producto dos nosos medos....
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top