Operación Ordes 2013 gala final LP45 primeiro premio:"Con Sentidiño" - Video
PUBLISHED:  Jun 02, 2013
DESCRIPTION:
"velaquí nacín"

Ficar aí e mirar
Mira será por mirar
Mira será de esperar
Que todo cambiará
Estou contenta de estar
Aquí de pé no meu lar
O que me inspira é
Saberme comunicar
O galego é algo
Do que non me podo despoxar
Considéroo parte de min
Algo sen igual
Unha cultura que me entende
E que me viu medrar
Algo que me inspira
E non o poderei deixar(x2)
Estou moi preto de ti
Aínda que case non te noto
Dentro dun mundo desfeito
Dentro dun mundo roto
Onde todo se centra
na distracción e o alboroto
onde a nosa xuventude
pensa "cando me coloco"
e non hai salvación
sen reforma do contorno
sen unha mirada sincera
e un sorriso de gozo
Non penses mal de min
Son un medio de difusión
Non aporto lixo
iso non no quero, non
O galego é algo
Do que non me podo despoxar
Considéroo parte de min
Algo sen igual
Unha cultura que me entende
E que me viu medrar
Algo que me inspira
E non o poderei deixar(x2)
Galiza viume crecer
Deume alma e forza
ata o meu tempo de lecer
entre un charco e unha poza

Mesmo dun modo lento
Son co que manifesto
Con algo de talento
A dozura do seu alento

Gústame o que fago
sen podelo deixar
mentres o mundo dá voltas
E eu non podo parar
Sigo escribindo aquí
Ao carón do meu leito
El pregúntase o porqué
E é que non está afeito
Mírame con cara rara
Con mans de preguiceiro
Non entendo o porqué
Xúroche que non o entendo
O galego é algo
Do que non me podo despoxar
Considéroo parte de min
Algo sen igual
Unha cultura que me entende
E que me viu medrar
Algo que me inspira
E non o poderei deixar(x2)
Só teño unha forma
De expresar o que sinto
Seguindo como norma
O emprego do galego
Idioma que ás feras doma
Idioma que me calma
E que en min se coloca
Quero loitar por el
Quero mantelo vivo
Que xamais se extinga
Xa que nin así o olvido
Non nos podemos vencer
Temos que conseguilo
O galego é a nosa cultura
É o noso destino
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top