A rosa dos ventos (Motor Perkins) - Video
PUBLISHED:  Oct 31, 2014
DESCRIPTION:
Canción do xa disolto grupo que foi o autor do xa coñecido "O día" por soar na zona vella de Compostela no pasado 24 de xullo na véspera do Día da Patria Galega

https://www.facebook.com/cancionsen.galego


Hai tempo xa
tivemos que marchar
cara a ningún lugar
a estrela do norte
é a nosa nai,
o grande ceo o noso lar

Quedamos sen patria
o día de partir,
somos sombras no ancho mar

Non queremos reis
aos que visitar
nin falla algunha
que nos fan

Hai tempo que
marchamos xa,
non imos regresar.

Rosa dos ventos
fai que non voltemos máis
por este maldito lugar

Non temos leis
que veñan obrigar
a nos axeonllar

Xuramos hai anos
non vivir así
e nada nos empuxará a cambiar

Seguimos o rastro
na luz da mañá,
voamos lonxe sobre o vento

Tan só queremos
botar a berrar
ata quedar sen alento

Hai tempo que
marchamos xa,
non imos regresar.

Rosa dos ventos
fai que non voltemos máis
por este maldito lugar

E agora imos
polos camiños,
lonxe das linguas
dos nosos veciños

Somos libres como animais
que nunca miraron humáns
non tememo-lo noso destiño
e non pensamos voltar,
xa pode o sol
deixar de brilar

Rosa dos ventos
fai que non voltemos máis
por este maldito lugar

Hai tempo xa
tivemos que marchar
cara a ningún lugar
a estrela do norte
é a nosa nai,
o grande ceo o noso lar

Quedamos sen patria
o día de partir,
somos sombras no ancho mar

Non queremos reis
aos que visitar
nin falla algunha
que nos fan

Hai tempo que
marchamos xa,
non imos regresar.

Rosa dos ventos
fai que non voltemos máis
por este maldito lugar

Rosa dos ventos
fai que non voltemos máis
por este maldito lugar
por este maldito lugar
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top