MAGIN BLANCO - SONHAR (A NENA E O GRILO NUN BARQUINHO) - Video
PUBLISHED:  Feb 04, 2014
DESCRIPTION:
SOÑAR, un video clip extraído do libro de contos con música "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" de MAGIN BLANCO. Xa á venda na tua librería preferida.

Animación e dirección Carlos Logo (O Terser Home)

Podes mercar o libro por correo en http://www.biblosclube.com/rdobuscar.asp

O disco en iTunes: https://itunes.apple.com/es/album/a-nena-e-o-grilo-nun-barquino/id601677863

O disco en Spotify: Magín Blanco -- A Nena e o Grilo Nun Barquiño

O primeiro conto que edita FOL MÚSICA é un libro de tamaño 23x23 cm e de tapas duras adicado ós máis pequenos. A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO está cheo de pequenas historias orixináis, cada unha acompañada da sua canción do máis exquisito e pegadizo pop, todo creado polo polifacético MAGIN BLANCO. Decorado con fermosas ilustracións a cargo de LEANDRO LAMAS e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escrebir e dibuxar o seu propio libro. Toda unha experiencia novidosa para eles!.

A NENA E O GRILO lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continuan achegándo se ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.

Nesta nova entrega as historias teñen unha dimensión maís próxima a narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención máis poética.

Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividade
dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.

Con todo, non nos resta maís que desexar: boa viaxe!
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top