Alalá nº 180 "BellonMaceiras" - TVG - Video
PUBLISHED:  Feb 26, 2016
DESCRIPTION:
Alalá nº 180 "BellonMaceiras" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 25-05-2011
http://alala.crtvg.es

Esta noite Alalá con “BellónMaceiras” músicos novos ,
anque sobradamente preparados.

Para definir a Dani Bellón e Diego Maceiras podemos tirar de tópico verdadeiro: son novos, anque sobradamente preparados: Con 26 anos xa viaxaron por medio mundo; teñen dous discos no mercado; boas carreiras musicais e ata a súa propia academia de música en Fene.

Con tan só 26 anos, Dani Bellón é o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. Dende que era un neno gañou 35 premios como gaiteiro intérprete e compositor, entre os que destaca o premio McAllan que gañou no Festival Intercéltico de Lorient en Francia.

Diego Maceiras, ademáis de facer carreira no Conservatorio de Oviedo, leva co acordeón enriba dende os 11 e formándose cos mellores acordeonistas de Galicia. Ó seren os dous eran de Fene son amigos dende pequenos. Xuntos, Diego e Dani forman BellonMaceiras, un grupo ledo e inquedo que traspasa as fronteiras de Galicia para tocar por todo o mundo e que por riba de todo disfrutan coa música...
Esta noite no Alalá un luxazo de músicos novos nos sons de “BellónMaceiras”
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top