A herdanza do vento (Ezetaerre) - Video
PUBLISHED:  Sep 11, 2016
DESCRIPTION:
Última canción apresentada por un dos grupos revelación do panorama musical galego, o grupo coruñés de rap: Ezetaerre

https://www.facebook.com/cancionsen.galego/

Voltamos da viaxe
ao país dos ananos
Entre verbas baleiras,
entre tanto mercenario

Executo brincadeiras
neste día dos enganos
Poño a vista no futuro
pero lembro o meu pasado

Queres caldo?
Tes sete cuncas neste track
Golpeando no meu peito
coa enerxía dun "All Black"

Que non era capaz
de manter a mente limpa,
de rachar con ese estigma
que nos quere calar

Unha noite no muíño
non é noite nin é nada
Comparada coa xornada
da labrega explotada
Se morro na batalla,
regreso nas facianas
das milleiras que traballan
para nunca ser escravas

Fartas, insomnes,
axitando as conciencias
Andamos a monte
para manter a nosa esencia
Con Suso Vaamonde
e a súa insolencia:
Que se vaian pró carallo
os ladróns da nosa terra

Esta loita non a mata o tempo
Somos as herdeiras
de quen venceu ao vento
Resistindo ao noso desencanto
Porque aínda existe a dor,
porque aínda existe o pranto

Esta loita non a mata o medo
Somos as herdeiras
de quen rachou con este ceo
Confrontando coa noite do outono
Para todas sempre a luz,
para todas sempre todo

Regresamos con valor
como obreiras francesas
Con ganas de vencer,
con aires de grandeza
Sempre fieis á batalla,
queremos dar a talla
Resistimos con orgullo
como as FARC nas montañas

Temos a rabia
dunha explotada nun call center
Da bombeira queimada,
da vítima dun ERE
Da muller maltratada,
da compañeira acosada
Da neta que non esquece
a súa avoa fusilada

Arrogantes, disidentes,
como Muhammad Ali
Eternas como Jimmy,
como Shangay Lily

Neste noso transporte
dá igual o pasaporte
Vén María Ginestà
sinalando o horizonte

E dá igual o que veña,
que penas xa son moitas
Que nos pasen os anos,
medremos entre loitas
Sigamos firmes, unidas,
rebeldes e insubmisos
Que veñan por nós,
agardaremos cun sorriso

sta loita non a mata o tempo
Somos as herdeiras
de quen venceu ao vento
Resistindo ao noso desencanto
Porque aínda existe a dor,
porque aínda existe o pranto

Esta loita non a mata o medo
Somos as herdeiras
de quen rachou con este ceo
Confrontando coa noite do outono
Para todas sempre a luz,
para todas sempre todo

Seguimos berrando
dende o mar contra o terror
Pra que escoite quen prefire
que aturemos esta dor
RAP de combate e de acción,
compromiso e paixón
Estas letras son de guerra
pra mañá cantarlle ao amor

Solidarias sen temor,
como as Brigadas
Valentes como as sindicalistas
rapadas nas prazas
Pisaremos esas serpes
que só morden ás descalzas
Faremos da rabia música,
como Gata Cattana

Na mente as fuxidas
e as que o deron todo
Non esquezo a Pavlos Fyssas
nin tampouco a José Couso
Como as obreiras de Alcoa
loitamos polo que é noso

E entre tanto clarescuro
imos vencer aos monstros
Fronte ao pesimismo,
sorrí por ti e por todas
Supera cada derrota,
sempre en pé ata a vitoria
Alegra xa esa cara, veña,
que agora nos toca
É hora de que as vencidas
escriban a súa historia

Esta loita non a mata o tempo
Somos as herdeiras
de quen venceu ao vento
Resistindo ao noso desencanto
Porque aínda existe a dor,
porque aínda existe o pranto

Esta loita non a mata o medo
Somos as herdeiras
de quen rachou con este ceo
Confrontando coa noite do outono
Para todas sempre a luz,
para todas sempre todo
follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top