Ogmios/Rap As Pontes

Location:
ES
Type:
Artist / Band / Musician
Genre:
Rap / Funk
Site(s):
Label:
No, gracias
Type:
Indie
Ogmios é un grupo de rap de As Pontes (A Coruña-Galiza). Comezaron con esto do rap fai anos: uns pintando, outros bailando, outros rapeando. O primeiro componente de Ogmios (TROTI) sacou unha maqueta no ano 2004 ("Rey de Reyes") despóis de cantar no Nabiza Rock III e compartindo escenario con grupos como Sobrinus ou Dr. Funkstein. Ó ano seguinte, Antón (TONINHO DA SOUTSA) pasa a formar parte do grupo e xuntos repiten no festival Nabiza (esta vez como teloneiros de grupos como Barón Rojo, Avalanch ou Sol Lagarto).

O 2006 foi un bo ano, xa que sacaron a súa segunda maqueta (RAP AS PONTES) e tuveron bolos en Santiago, Ourense, As Pontes, Lugo e Viñoás, donde compartiron cartel con otros grupos galegos e estatales (Ambito K, FM, Ment, Underflow, Hades y Felix, Watios, Dria e Pablo, Sokez, Puto Chino & Nalia, Fundacion Tony Manero, Pal keli, entre outros). En todos estos concertos, os scratches correron a cargo de Adrián (DJ TRAPE), un coruñés colega do grupo. A mediados deste mesmo ano, e coincidindo coa incorporación de Fernando (FOSAkI) ao grupo sacarían a súa terceira maqueta (DEMOS-TRACIÓN).

Na actualidade están a piques de sacar un novo traballo (OGMIOS_PUNTOS de VISTA) cun novo Dj, PIVE e cun erudito do son, Dr. OBE.

Por último, mencionar ós nosos breakers (FANECA MURDER CREW) que nos acompañan en tódalas viaxes e a todos os concertos.
0.02 follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top