Ataque Escampe

 V
Location:
An
Type:
Artist / Band / Musician
Genre:
Rock / Acoustic / Melodramatic Popular Song
Site(s):
Label:
A Regueifa Plataforma
Type:
Indie
As Ataque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela mais variada (do banxo ao hammond, do kazoo á percusión electrónica, da trompa á harmónica), ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros bastardos, dende o bolero ao punk, pasando polo valse, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot, o soul ou o rap. O funcionamento como grupo sen destacar autorías no seu interior, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofía vital: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado.
0.02 follow us on Twitter      Contact      Privacy Policy      Terms of Service
Copyright © BANDMINE // All Right Reserved
Return to top